El galleguismo, en la VII Escola de Verán Miguel Ángel Blanco

Los populares abordarán asuntos de la agenda política y social los días 21 y 22 en O Carballiño 

A casa da cultura do Carballiño acollerá os próximos 21 e 22 de xullo a sétima edición da Escola de Verán Miguel Ángel Blanco do Partido Popular de Ourense, que este ano estará adicada o galeguismo como aposta de futuro e contará na clausura coa presenza de Amaya Fernández Angulo, secretaria xeral do PP do País Vasco.

Unha cita formativa e de participación políticia para os cargos públicos populares de Ourense que nesta edición adquire unha especial importancia ao se cumprir o vixésimo aniversario do asasinato, a mans da banda terrorista ETA, do concelleiro popular de Ermua, tal e como destacaron esta mañá na presentación do encontro o secretario de organización do PP de Ourense, Pablo Pérez, e a portavoz do partido, Cristina Romero.

A escola de verán, explicou a portavoz do PP de Ourense, comezará o venres día 21 coa intervención do presidente provincial, Manuel Baltar, e o secretario de estudos e pensamento galeguista e parlamentario autonómico, César Fernández Gil. Nesta xornada haberá dous relatorios. O primeiro deles, "O galeguismo coma fundamento dun discurso político maioritario", correrá a cargo de Xesús Palmou Lorenzo, ex secretario xeral do PPdeG, mentres que o segundo será de Xosé Manuel Barreiro Rivas, portavoz do grupo popular no Senado, e tratará sobre “O espazo político do galeguismo nas cortes xerais".

O sábado, día 22, a xornada comezará cunha mesa redonda que, destacou Cristina Romero, abordará en profundidade o galeguismo do século XXI e os novos retos para o futuro de Galicia. A mesa estará moderada por Miguel Santalices Vieira, coordinador de política autonómica do PPOU e presidente do Parlamento de Galicia, e nela participarán Pedro Puy Fraga, vocal do comité de dirección do PPdeG e portavoz do grupo popular no Parlamento de Galicia; Manuel Ruíz Rivas, alcalde de Ribeira; José Antonio Parente Camino, presidente provincial de Novas Xeracións; e o xa citado César Fernández.

A clausura principiará cun video de homenaxe a Miguel Ángel Blanco no vixésimo aniversario do seu asasinato e incluirá unhas verbas de Manuel Baltar e a intervención de Amaya Fernández, que ademais da secretaría xeral dos populares vascos tamén ocupa o cargo de vicesecretaria do PP de Vizcaya e maila presidencia da formación en Barakaldo, concello no que exerce de portavoz.

Te puede interesar