Forman parte dela medio cento de feligreses que irán vestidos con hábitos negros detrás do Cristo

A Procesión dos Caladiños estrea a primeira cofradía de Semana Santa no Carballiño

Algúns dos cofrades xunto a imaxen do Santo Cristo, na igrexa da Veracruz do Carballiño. (Foto: Daniel Atanes)
A Semana Santa no Carballiño conta coa súa primeira cofradía integrada por medio cento de feligreses de todas as idades. A súa presenza introducirá algúns cambios na Procesión dos Caladiños, prevista para hoxe a partires das nove da noite. O Cristo irá sobre un novo trono e seguido polos cofrades.
A Procesión dos Caladiños ou do Santo Enterro, prevista para hoxe a partires das nove da noite, terá este ano un novo aliciente para os devotos, xa que contarán coa presenza da primeira cofradía creada na parroquia San Cibrán en exclusiva para a Semana Santa: a Cofradía da Veracruz. A iniciativa parte de un grupo de feligreses, con un xoven de 25 anos como principal impulsor, Rafael Melero.

’Non había ningunha cofradía que se encargara de organizar esta procesión e por iso a finais do ano pasado empezamos a traballar na súa constitución coa aprobación en novembro da acta fundacional’, indicou Rafael Melero.

Para empezar, intégrana medio cento de carballiñeses de moi diferentes idades, xa que tamén hai cinco nenos. Os menores pagan unha cuota anual de 10 euros, e teñen que dispor do permiso dos pais ou titores, mentras que a aportación dos adultos é do doble.

Vestiario

A premura de tempo, tendo e conta a recente constitución, non lles permitiu ós cofrades desenrolar un programa máis amplo de actividades para esta Semana Santa, circunstancia que proxectan cambiar en sucesivos anos. Desta maneira, a súa intervención limitase á procesión deste Venres Santo, que é unha das máis multitudinarias do ano na vila do Arenteiro.

Os traxes xa están a punto, aínda que por falta de presuposto non se estrearán completos. Os cofrades sairán na procesión sin capa nin capirote. Trátase dun hábito negro, ribeteado en branco nos puños, con botós do mesmo cor e un capuchón cun escudo deseñado por Rafael Melero. Os hábitos foron confeccionados en As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

A súa presenza introducirá algúns cambios na Procesión dos Caladiños. En primeiro lugar, o Santo Cristo non irá dentro da urna, senón que será portado sobre un novo trono de madeira. Irá custodiado por dous anxos e unha candeleira abriralle o paso. Detrás situaranse os cofrades, seguidos da imaxe da Virxe.

A procesión partirá do templo da Veracruz e continuará polas rúas: Evaristo Vaamonde, Conde Vallellano, Aldara, Praza Maior, Cesareo Tizón, Ribeiro, Praza dos Liborianos, e subirá por Tomás María Mosquera, volvendo á Praza Maior e seguindo por Rosalía de Castro de novo cara á igrexa. Os cofrades só esperan que todo salia ben e que o tempo sexa favorable.

Te puede interesar