O PSdeG instará no pleno a pedir control policial para Punxín

O PSdeG-PSOE de Punxín insta ao goberno municipal a solicitar á Subdelegación do Goberno, así como a calquera organismo competente, un incremento da presenza policial no municipio, co fin de rematar coa vaga de roubos que se están a producir nos últimos meses e darlle unha maior seguridade á veciñanza. 

As concelleiras socialistas levarán ao pleno unha moción neste senso para que se busquen solucións.

Apuntan que “só nas últimas semanas entraron a roubar na igrexa de Vilela, así como na casa reitoral, e intentaron tamén acceder á igrexa de Ourantes”. Unha situación que ten ”moi preocupados ós veciños” e que “xera moita inseguridade, especialmente nas horas nocturnas”. A portavoz, Lorena Peleteiro, considera que hai que reforzar a presencia dos corpos de seguridade.

Te puede interesar