O PSOE do Irixo reclama ó alcalde que convoque o pleno ordinario

O grupo municipal do PSOE do Irixo presentou un escrito no Concello solicitando a inmediata convocatoria do pleno ordinario correspondente ó mes de febreiro, tal e como quedou establecido ó comezo do mandatoato. O voceiro socialista, Javier Rodríguez, considera que 'ó alcalde (Manuel Penedo, do PP) fáltalle a valentía de afrontar ante os veciños as súas decisións respecto da incineradora, nun pleno onde por fin ía debaterse esta cuestión'.
O edil do PSOE advirte que de non cumprir coa lei e o regulamento polo que as sesións ordinarias deben celebrarse o segundo xoves cada dous meses, se remitirá a documentación pertinente á Fiscalía Provincial para que se tomen as medidas oportunas. Pola súa banda, Manuel Penedo indicou que 'estamos pendentes de rematar a elaboración dos ozamentos deste ano, para levalos ó debate plenario'.

Te puede interesar