DÍA MUNDIAL DA ÁRBORE, DA AUGA E DA POESÍA

Resaltando a natureza e a cultura na Insua dos Poetas

A Insua dos Poetas (Carballiño) acolleu onte unha actividade lúdica-didáctica na que participaron máis de 400 escolares de tódolos centros da comarca e da Ribeira (A Coruña), plantando árbores e recitando poesías

AInsua dos Poetas, situada na Esgueva, en Carballiño, transfórmase ano a ano con novos elementos que van xurdindo, xa sexa árbores, unha nova fonte en construción e máis esculturas de renombrados artistas. E cada ano, e xa van sete, os escolares teñen alí o seu espazo de encontro para celebrar o Día da árbore, da auga e da poesía. Nesta ocasión, foron máis protagonistas ca nunca, apadriñando cada colexio unha variedade de árbore sobre a que cantaron, recitaron e fixeron pequenas representacións, ao mesmo tempo que ensalzaban o medio ambiente e, como non, ao poeta lucense Manuel María, ao que se dedica neste 2016 o Día das Letras Galegas.

Luis González Tosar, presidente da Fundación Insua dos Poetas, organizadora desta actividade lúdica e tamén didáctica, dáballes a benvida aos máis de 400 alumnos, aos profesores e ós directores que os acompañaron. Asistieron por primeira vez de tódolos colexios e institutos da comarca do Carballiño e tamén de tres centros de ensino do Concello de Ribeira (A Coruña), que foron os primeiros invitados do que se converterá en anos sucesivos en algo habitual, para o intercambio de experiencias con escolares doutros municipios e provincias.

Tosar deixaba aberta a imaxinación aos rapaces cunha historia sobre un señor feudal e unha fada, ao mesmo tempo que os instaba a respectar a natureza, perseguir aos incendiarios e a ser rebeldes "contra a maldade, contra os que queren que os nenos pasen fame e estén nos campos de refuxiados".

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, dáballes as grazas por colaborar nesta plantación de cerca de 300 árbores, que aportou a Consellería de Medio Rural, a través do Distrito Forestal da zona,  que nestes últimos días xa iniciaba o labor para que a remataran onte os escolares.
Os encontros na Insua dos Poetas, xa sexa entre adultos ou entre escolares, que se desenvolven cada ano, sempre teñen a exaltación da lingua como reclamo ineludible. Por iso, onte tamén asistiu o secretario xeral de Normalización Lingüística, Valentín García, que lles recordaba aos presentes que "a lingua é un dos tesoros máis grandes que temos e por iso temos que cuidala tódolos días".

En representación da Deputación provincial, que colabora estreitamente coa Fundación Insua dos Poetas, o vicepresidente, Rosendo Fernández, destacaba o labor da fundación e de Tosar, manifestando que "a palabra aquí é poesía". E moita poesía aportaron os rapaces, tamén moita imaxinación e incluso traballos de investigación sobre cada unha das especies de árbores elexida por os distintos centros. Xa para acabar, participaron na plantación, que agradecía Tosar a Juan Caselles, jefe do Distrito Forestal, e ao técnico Manuel González.

Te puede interesar