Os socialistas carballiñeses aínda carecen de local no Concello

O grupo municipal do PSOE do Carballiño aínda non ten un local asignado dentro da Casa do Concello para poder desenvolver as súas actividades como oposición política. Ó respecto, Adolfo Nogueira, concelleiro socialista, indicou que 'inicialmente rexeitamos o ofrecemento de ubicarnos na que era oficiña de Turismo, xa que somos sete e non collemos en catro metros cadrados'.
Así, o grupo do PSOE voltou a solicitar da alcaldía outro departamento na sede municipal, xa que o que anteriormente utilizaba o PP cando estaba na oposición (moito máis amplo) foi adxudicado ós dous traballadores da Concellería de Turismo e Festas.

Te puede interesar