Tapas preparadas con cogordos e castañas abren o programa anual de degustacións

Manuel Dacal, no centro, rodeado dos hosteleiros.
Un total de 15 mesóns do Carballiño inician hoxe as ‘Xornadas temáticas da tapa’, que se prolongarán no ano vindeiro con referencia ás comunidades autónomas do Estado. Nesta fin de semana, os clientes poderán degustar cogumelos e castañas gratis de xeito gratuito, no mes adicado a Galicia.
A vila do Arenteiro convertirase nos vindeiros 12 meses na capital gastronómica do Estado coa organización das ‘Xornadas temáticas da tapa’, promovidas pola Concellería de Turismo e que implican a un total de 15 establecementos de hostelería do Carballiño. Así, a partires desta fin de semana e ata outubro do vindeiro ano, os mesóns participantes ofrecerán a degustación gratuita de pinchos típicos de diferentes comunidades autónomas de España, sempre nos últimos venres e sábados de cada mes.

A primeira cita dos clientes será precisamente con Galicia -hoxe e mañá- coa oferta de tapas elaboradas con cogumelos e castañas, que foron presentadas onte na Casa do Concello polos hosteleiros e concelleiro de Turismo, Manuel Dacal. Dende tartaletas con revolto de setas e crema de castañas ou crema de setas con tropezóns de xamón, ata coello e polbo acompañado polos citados productos da tempada.

Sorteo Manuel


Dacal adiantou que a última fin de semana de decembro ‘estará adicada á matanza e os derivados do porco’, mentres as especialidades culinarias das comunidades de Asturias, Andalucía, Cantabria, País Vasco, Valencia e Cataluña terán o seu mes de referencia en 2010. Os clientes que acudan ós locais participarán no sorteo dunha cea para dúas persoas.

O concurso chegará ó Entroido


Manuel Dacal lembrou que ‘estas xornadas suspenderanse nos meses de xaneiro e febreiro ó coincidir co desenvolvemento da segunda edición do concurso de tapas, que se celebrará tódalas fines de semana’. A ‘Olimpiada de tapas’ comezará pasadas as datas de Reis e prolongarase ata o domingo de Entroido, data escollida para a entrega dos premios ós establecementos gañadores.



Te puede interesar