Unha andaina percorre lugares de interés entre o Avia e o Miño

O Servizo Municipal de Deportes do Concello de Ribadavia organiza hoxe unha andaina coa colaboura do Grupo municipal de emerxencias (Grumir)da Concellería de Servizos, que partirá ás oito do serán do pavillón polideportivo O Consello. O concelleiro de Deportes, Anxo Collarte, indica que 'esta é unha actividade complementaria da programación de tempada para os usuarios dos servizos que oferta o pavillón'.
O percorrido presenta unha dificultade media e conta cunha ruta aproximada de 10 quilómetros, pasando pola rúa Irmáns Villar para subir ó monte de Santa Marta, e continuar por Santa Cristina e San Paio, para baixar finalmente polo camiño da escola desta localidade ata chegar ó punto de saída. Anxo Collarte comenta que 'a andaina atravesa na súa meirande parte as fermosas paraxes do monte de Santa Marta, un dos principais miradores da comarca do Ribeiro'.


RIBEIRAS

Nesta ruta, para que é aconsellable levar auga ou froita como refresco, os participantes trasladaranse dende as beiras do río Avia ata as do Miño, sen saír do municipio ribadaviense. A Concellería de Deportes organiza estes percorridos con carácter mensual, co obxectivo de introducir e implicar ós veciños na práctica de actividades saudables, alonxadas da vida sedentaria.

Te puede interesar