A Biblioteca bota man do cómic para atraer ó público máis xoven

Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro e o Día do Libro Infantil e Xuvenil durante este mes de abril, a Biblioteca pública do Concello de Ribadavia vai incidir de forma especial no mundo do cómic. O responsable de Cultura e tenente alcalde, Ánxo Collarte, destaca en consecuencia algunhas das actividades que se desenrolarán neste edificio municipal, empezando por unha exposición sobre a historia do cómic, na que se pode indagar sobre a evolución do tebeo en España, o manga en Xapón, os cómics en Bélxica, Francia e Estados Unidos. A mostra está aberta ó público no primeiro andar da Casa da Cultura.
Por outra banda, a Biblioteca organiza tamén outra iniciativa en colaboración cos colexios da comarca do Ribeiro, a través da cal ofértase, ademáis da visita á exposición do cómic, unha ficha explicativa orientada para os alumnos dos distintos cursos de Primaria e Secundaria, na que se lles explica como se fai un cómic ou a súa estructura e linguaxe, entre outros aspectos. Esta actividade desenrolarase unha vez rematadas as próximas vacacións de Semana Santa, segundo puntualizou o concelleiro.

A programación inclúe un concurso de tiras ou viñetas de cómics, dirixida a nenos de Primeira Infancia, Pimaria e Secundaria, 'cuxo premio, por suposto, son lotes de libros', sinalan os organizadores.

Finalmente, neste mes de abril adicado ós libros tampouco podía faltar un obradoiro, tamén sobre cómic, que foi impartido polo dibuxante Fran Bueno, dentro do programa Bocaberta, ao que asistiron rapaces de 13 a 18 anos, titulado 'Galimatías', igual ca revista editada co mesmo nome.

A celebración do Día Internacional do Libro é una boa disculpa para presentar un programa atractivo dirixido ós nenos e ós xóvenes a fin de atraer a súa atención cara a Biblioteca pública e, en consecuencia, para fomentar a lectura, botando man do cómic, que é unha modalidade atractiva para a maioría dos rapaces. Nese senso, as autoridades esperan que a participación nas actividades sexa un éxito.

Te puede interesar