Os cabalos salvaxes reúnense no Faro de Carballeda

A paraxe natural de As Laceiras, en Carballeda de Avia, acollerá o 7 de setembro o seu tradicional ‘Curro do Faro’. Os veciños reunirán no recinto uns 300 cabalos salvaxes.
Os veciños de Carballeda de Avia ultiman o programa de actividades do ‘Curro do Faro’, a única concentración de gando equino en liberdade que se celebra na provincia. A celebración será o domingo 7 de setembro na paraxe natural de As Laceiras, na parroquia de Vilar de Condes.
Un dos responsables da orga nización, Anxo Barba, sinala que ‘os comuneiros da zona son os que se encargan de trasladar cabalos, eguas e poldros salvaxes dende o monte ata o recinto, no que xuntaremos máis de 300 exemplares’. A xornada tamén ten o seu compoñente gastronómico en As Laceiras, xa que se instalará unha carpa para xantar polbo, carne ó caldeiro e outros pratos típicos ó prezo de 15 euros.

Os organizadores, que contan coa colaboración do Concello de Carballeda, tamén habilitarán unha ruta para os xinetes procedentes doutras localidades -coma é o caso de Masideque desexen facer un percorrido polos sendeiros da Serra do Faro.

Te puede interesar