Dúas axentes encargaranse da área turística en Castrelo

O Concello de Castrelo de Miño vén de contratar a dúas axentes para a 'dinamización turística, cultural e deportiva' del municipio, según as resolucións asinadas polo alcalde en funcións, Xurxo Rodríguez. Serán Marta Pérez Álvarez e Marta Pérez Olleros as persoas encargadas da xestión dos recursos municipais referentes ás areas de promoción turística e de cultura e deportes, unha vez rematado o proceso de selección que foi presidido por un tribunal.
As dúas traballadoras desenvolverán a súa laboura nos vindeiros oito meses, cun contrato laboral a media xornada e un salario bruto mensual de 650 euros. O Concello de Castrelo ten prevista a mellora da área turística no municipio, complementando as actividades propias do Clube Náutico con outros programas de actividades orientados á captación de visitantes. Neste sentido, as autoridades municipais dispuxeron o acondicionamento de rutas de sendeirismo polas beiras do río Miño e as zonas máis altas do contorno.


CATAMARÁN

Deste xeito, as novas axentes responsabilizaranse da elaboración de paquetes turísticos nos que inclúan as ofertas de lecer existentes en Castrelo e as posibilidades de aloxamento tanto no propio municipio coma no resto da comarca de O Ribeiro. Unha das actividades que está a ter máis demanda é o uso do catamarán para realizar percorridos polo encoro do río Miño, así como a asistencia ás feiras que se organizan cada último domingo de mes, e que o Concello desexa potenciar neste verán.

Te puede interesar