O festival ukelele de Ribadavia incorpora deseño e creatividade galega

O festival durante a pasada edición en formato reducido.
photo_camera O festival durante a pasada edición en formato reducido.

As actuacións musicais súmanse as intervencións artísticas en directo de ilustración e arte urbano

O deseño e a creatividade galega danse cita o 4 de xuño no festival de ukelele, Ukp Day, de Ribadavia. Intervencións artísticas en directo de ilustración e arte urbano, un mercado de deseñadoras ou un obradoiro creativo son algunhas das actividades que van ter lugar durante toda a xornada no Castelo de Ribadavia.

A 6ª edición do festival vai contar coas actuacións da británica Alondra Bentley, o nacional Francisco Nixon, o portugués André Júlio Turquesa, e os galegos Helen & Shanna, Nelson Quinteiro, Mallou e Emilio José.

Contará cun programa creativo complementario coa presenza da ilustradora Iria Prol, e as artistas urbanas Margot Rodríguez e Andrea Otero, galardoadas estas últimas na categoría de Graffiti no programa Xuventude Crea que convoca anualmente a Xunta de Galicia, e que serán as encargadas de realizar as intervencións artísticas en directo sobre diferentes soportes, entre os que destaca un ukelele montable, que será ilustrado por Iria Prol. Un obradoiro infantil, impartido por Algodón Estudio Eventos, e un mercado de deseñadoras galegas completan o festival, que xa ten á venta as entradas na súa web www.ukpday.com a un prezo de 5 euros, con desconto do 50% aos usuarios do Carné Xove, e acceso de balde para os menores de 12 anos. O Concello promove o festival co que colabora a área de Xuventude da Xunta.

Te puede interesar