O pleno de Castrelo reclama os atrasos nos pagos das uvas

A Corporación municipal de Castrelo de Miño aprobou por unanimidade dirixirse a Conselleira do Medio Rural e ao presidente do Goberno galego para que se promovan as medidas necesarias para garantir o cobro por parte dos viticultores das contías que se lles adebedan polas uvas entregadas en pasadas campañas.
O pleno tamén reclama medidas necesarias para garantir a recollida da totalidade da produción desta vendima 2013, ademáis de impulsar actuacións coa finalidade de garantir para esta e para as vindeiras campañas, a existencia de contratos homologados no Ribeiro e nas diferentes denominacións de orixe vitivinícolas galegas, nos que se establezan os prezos en función das variedades e graduación. Ademáis, que todalas axudas ao sector industrial estean vinculadas á existencia de contratos.

Te puede interesar