Unha reforma mellorará o enlace de Maside con Ribadavia

O Consello da Xunta aprobou na súa reunión de onte o acordo polo que se declara a prevalencia da utilidade pública do proxecto de mellora da estrada provincial OU-0303, entre Valdepereira e Maside, sobre a que cualifica ao monte veciñal en man común 'Coto de San Cibrao e Cima da Costa de Beliño', pertencente á comunidade de montes de Santo André, no concello ourensán de Ribadavia.
O Servizo provincial de Montes en Ourense comprobou que a superficie a expropiar é moi pequena e non implica ningún dano ás formacións forestais existentes na zona, debido a que a mellora será aplicable nunha estrada xa existente, o cal permitirá tamén mellorar as comunicacións e a seguridade viaria na zona noroeste da provincia de Ourense. A superficie de afección é de 7.725,01 metros cadrados.

A Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes da Consellería do Medio Rural e do Mar, á vista de toda a documentación do expediente, propuxo informar favorablemente desta prevalencia en virtude do artigo 6 do regulamento da lei de montes veciñais en man común.


REFORMA

Desta maneira, levarase a cabo a reforma do último tramo desta estrada, que transcurre entre os límites dos municipios de Cenlle e Ribadavia, hasta a localidade de este último concello que é Valdepereira, onde enlaza coa N-120 (Ourense-Vigo) e ca autovía das Rías Baixas.

Te puede interesar