O RIBEIRO

Rodrigo Aparicio preséntase de novo á alcaldía de Arnoia

Desde a dirección provincial, o presidente popular, Manuel Baltar, afirmou sentir “moita satisfacción por volver contar cunha persoa que cre nas bondades do seu concello

Rodrigo Aparicio optará a un novo mandato como alcalde de Arnoia, liderando a lista que o Partido Popular presentará nun concello que, segundo afirma o candidato, “ten o seu futuro no sector agroforestal e na auga”.

Desde a dirección provincial, o presidente popular, Manuel Baltar, afirmou sentir “moita satisfacción por volver contar cunha persoa que cre nas bondades do seu concello e quere compartilas cos municipios limítrofes para facer comarca”.  “Sempre tiven unha gran inquedanza polos temas municipais e, logo dunha etapa máis centrada no mundo da empresa, decidín voltar para pelexar polos meus e mellorar o meu concello”, destacou.

Rodrigo Aparicio engadiu que despois de sufrir a crise económica "neste mandato o noso propósito foi poñer ao día e renovar infraestruturas e servizos, ademais de dinamizar o concello nos aspectos social, cultural e deportivo e manter poboación, o que conseguimos estabilizando a baixa demográfica”.n

Te puede interesar