Os socialistas de Leiro quéixanse de que o alcalde os 'ningunea'

O grupo socialista de Leiro critica a actitude do alcalde que, según afirma, 'ningunea á oposición negándose a contestar a calquera pregunta presentada en pleno. O portavoz, Manuel Rodríguez, manifesta o malestar ante a situación que se produciu no pleno do pasado xoves, no que o rexedor deu a calada por resposta á batería de preguntas sobre cuestións do ámbito medioambiental, sanitario e outras de interese xeral.
Os socialistas preguntaron sobre a actividade da planta de tratamento de lodos de Lamas e se vai haber expedientes sancionadores, interesándose tamén pola postura da Alcaldía ante a incineración e a posibilidade de implantación dunha planta en Leiro, entre outras cuestións.

O alcalde Francisco José Fernández declarou que 'cumplín a lei, porque o regulamento cotempla que se contesten as preguntas con preferencia no seguinte pleno ordinario, e foron tantas que non teño tantos datos na cabeza para facelo no momento'.

Te puede interesar