Unha cápsula do tempo que lembre no 2063 a Rosalía

photo_camera El Campus de Ourense se une un año más a la celebración del Día de Rosalía con la lectura del manifiesto Pensar(te) libre, leyendo varios poemas de la escritora gallega y con las reflexiones de alumnos y profesores que fueron enterradas en una cápsula del tiempo.
A conmemoración do nacemento da escritora galega máis universal consistiu en actividades de poesía no Campus de Ourense, nos centros educativos e no Xardín do Posío

Rosalía de Castro estreou este ano novo “día”, tralo recente achado da súa data de nacemento verdadeira. A poeta galega protagonizou actividades en colexios, facultades e colectivos culturais que, un ano máis, reivindican a “semente” que deixou a escritora. De feito, o Campus conmemorou o Día de Rosalía baixo o lema “Sementes para o futuro”. 

O alumnado da Facultade de Educación soterrou unha cápsula do tempo con pensamentos e reflexións en torno a Rosalía. Xosé Manuel Cid, decano do centro, subliñou que “Rosalía deulle a volta a este país e un xiro coperniquiano á lingua”. Na cápsula do tempo gardaron unha antoloxía poética de Rosalía, un xornal do día, un euro, unha máscara e sementes de plantas de horta e de árbores froiteiras. A idea é abrir a cápsula no 2063, cando se cumpran 200 anos da obra “Cantares Gallegos” de Rosalía.

Os máis cativos tamén realizaron actos nos centros educativos. Unha das actividades fíxose en Salesianos, onde as rapazas da escola de fútbol Rosalía recibiron un exemplar do libro “Formigas 4. Misión Rosalía”, de Pere Tobaruela. 

O BNG de Ourense tamén quixo honrar a figura da escritora, cun acto no Xardín do Posío. 

Hoxe continúan os actos na biblioteca do Campus e na Nós. Este espazo acollerá unha actividade infantil de Sarabela Teatro. 

A Mesa pola Normalización Lingüística amosou a súa “máis enérxica protesta” contra o Concello de Ourense posto que onte “non programou ningún tipo de actividade cultural, artística ou lúdica para conmemorar esta data que nos lembra á galega máis grande e universal”. A Mesa acusa ao alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, de “aniquilar a vida cultural da cidade”. 

Te puede interesar