Curso gratuito en Piñor sobre atención ós dependentes

O próximo 19 de novembro iniciase en Piñor un curso de Atención Domiciliaria de Persoas Dependentes co fin de atender a demanda que hai entre a poboación sobre este tipo de formación. Esta actividade é totalmente gratuíta e desenvolverase ata o 19 de decembro, de 17,00 a 20,00 horas no Centro Social, grazas ó convenio de colaboración establecido coa Asociación Solidariedade Interxeneracional de Ribadavia.
O curso, que ten un total de 30 horas, ten como obxectivo formar ó alumnado en temas relacionados co envellecemento e coidados asociados á situación de dependencia. Tódolos participantes recibirán un diploma acreditativo.

Te puede interesar