OCIO

Divertirse sen alcol é posible

<p></p>
photo_camera Un grupo de mozos do obradoiro "Foto en Ruta", na entrada do Espazo Lusquiños.

O programa municipal OciOurense Xove encheu onte o tempo libre dos mozos ourensáns ofrecéndolle ata seis propostas de ocio saudables encamiñadas a previr o consumo de drogas e alcol entre a mocidade

Obradorios sobre fotografía, piragüismo, mergullo, baile moderno, running ou escalada. Son algunhas das alternativas que oferta o programa municipal OciOurense Xove para que a mocidade ourensá disfrute dun ocio san durante as fins de semana, dándolle as costas o alcol e as drogas.

Con cámara en man e roupa cómoda, nove mozos reuníronse onte no Espazo Lusquiños, sito na avenida de Marín, para dirixirse as beiras do río Miño cun obxectivo en común: sacarlle o máximo partido a súa máquina fotográfica. "Hai unha semana merquei unha cámara e quero aprender algunhas técnicas", indica Thais Regal, de 27 anos. É a primeira vez que participa nesta actividade. A súa compañeira de obradoiro Isa Aguiar non dubidou en repetir a experiencia. "É a segunda vez que veño a este curso. O ano pasado gustoume". Para esta enfermeira de 22 anos a fotografía é un pasatempo.

Os participantes estiveron acompañados do fotógrafo Víctor Barro, coodinador da actividade "Foto en Ruta", unha mistura de sendeirismo ao redor da cidade e fotografía. "A idea é pasalo ben e motivarse ca fotografía; é dicir, cultivar o sentido estético e adquirir unha serie de coñecementos básicos para mellorar as fotos que poidan facer ca familia, nas viaxes ou de paisaxes", explica.

Nas próximas saídas porán en práctica a súa habilidade con este trebello nas zonas do ríos Loña e Barbaña. n

Te puede interesar