Falecen dous ediles do PP en Maside y Nogueira de Ramuín

Casimiro Campo. (Foto: MARTIÑO PINAL)
Onte producíase o falecemento de dous concelleiros do Partido Popular na provincia de Ourense. Carlos Taboada Gómez, de Nogueira de Ramuín, e Casimiro Campo Fernández, que era portavoz da oposicón no Concello de Maside.
Carlos Taboada Gómez, de 32 anos, falecía de xeito repentino. O concelleiro iniciara a súa carreira política nas pasadas eleccións municipais, integrado na lista do PP. O velorio cos seus restos mortais atópase no centro social de San Miguel do Campo, en Nogueira de Ramuín. Nesa parroquia, de onde era veciño, recibirá mañá sepultura.

Casimiro Campo finou poucos minutos antes das 13,00 horas, despois dunha longa loita de dous anos contra o cancro. O concelleiro tiña 47 anos, era natural da localidade de Dacón, estaba casado e deixa un fillo e unha filla. Ademáis de ser empresario do textil, a súa traxectoria política comezou en 1991, como concelleiro de Alianza Popular no Concello de Maside, integrándose posteriormente nas filas do Partido Popular. Chegou a ser tenente de alcalde no ano 2003.


CANDIDATO

Nas eleccións municipais de 2007 formaba parte da candidatura como número dous e, tras perder a alcaldía o ata entón rexidor de Maside, Benigno Álvarez, e presentar a súa dimisión, Casimiro Campo Fernández liderou dende entón aos populares deste concello, encabezando a lista das

municipais en 2011 e convertíndose en portavoz da oposición municipal ata a data.

Os seus restos mortais atópanse no velatorio de Dacón e o funeral está previsto para hoxe na mesma localidade, a partires das 15,45 horas. O seu compañeiro de Corporación, Juan Álvarez, refírese a Casimiro Campo como 'unha persoa que se entregou á vida municipal a cambio de nada, era un home sincero, honesto, humilde e un gran compañeiro. É unha grande pérdida para a familia do PP, porque sempre foi o nexo de unión, que nos mantuvo a todos xuntos nos momentos máis difíciles'.

O Partido Popular de Ourense manifestaba a través dun comunicado o seu 'máis profundo pesar' polo falecemento de Casimiro Campo e de Carlos Taboada, que se veñen a sumar a Manuel Méndez, concelleiro de Bande, que falecía o pasado mércores, ós 58 anos de idade, víctima dun cancro.

Te puede interesar