ENTREVISTA/ VIDA

María do Ceo, la melancólica voz del fado

OURENSE. 16.10.2015. AS BURGAS, MARIA DO CEO. SUPLEMENTO VID.  FOTO: MIGUEL ANGEL
photo_camera María do Ceo Fernandes Faría.

O seu estilo e interpretación fai que sexa considerada por moitos como a sucesora de Amalia Rodrigues.

María do Ceo é a voz do fado tradicional. O seu estilo e interpretación fai que sexa considerada por moitos como a sucesora de Amalia Rodrigues. Coa súa meláncolica e doce voz logra envolver ao público transportandoo coa súa voz ao mesmo Chiado lisboeta. Tras "Soños cumpridos" no que puña música e voz a composicións de Eduardo Blanco Amor e Armando González, está a traballar en "O Fado de Portugal a Galicia", que recollerá un CD de fados tradicionais e outro de músicas galegas moi coñecidas mesturadas con algunha novidade.  

Dende “Cartas de Amor", o seu primeiro traballo, a “Soños cumpridos", o último, cal foi a evolución de María do Ceo no eido musical?
Foi enorme, a madurez, a constancia, o sentimento, o traballo, e, non cabe duda, as experiencias da vida, todo elo deu lugar a unha voz mellorada en todos os sentido e eso reflíctese nos discos.

“Soños cumpridos" é o nome do seu útlimo traballo no que pon música a letras de Eduardo Blanco Amor y a Armando González, cal foi o motivo desta elección?
Armando e eu tiñamos unhas cancións feitas dende facia uns anos, eu sempre as cantaba cando facemos esas comidas con amigos que empezamos as dúas e acabamos a medianoite ou mais tarde (risas). Pois nunha de esas tomamos a decisión de editar ese traballo e dalo a coñecer a todo o publico, por suposto ca gran axuda de todos os amigos que compraron ese disco por adiantado o que se chama (crowfundinf), o de Blanco Amor xa é unha cousa persoal miña porque eu adora a Blanco Amor e a sua poesía.
Armando González ten esa forma de facer as letras (poemas), dunha maneira tan boa para min que encaixa coma un pé nun zapato. Facemos un bo equipo xuntos, de feito eu teño sempre poemas de Armando en cada disco, neste último que estou a grabar, tamen van cancións compostas de Armando e por min.

Está a traballar no seu novo álbum... pode desvelarnos algún dos seus contidos?
Ese disco vai a ser algo especial porque por primeira vez van nun mesmo soporte dous CD'S un de fados tradicionais, e outro CD de músicas galegas coñecidísimas e outras novedades coma o himno a Xinzo ou unha canción adicada ao grande Carlos Casares. Tamén vai a ser un disco con o mecenazgo dos amigos, e vai a titularse "O Fado de Portugal a Galicia".

En que se inspira María do Ceo?
Buff... en moitas cousas, a grande maioría nas lembranzas da nenez, tamen nas paisaxes, e escoitando moita musica, dende os Beatles, Pink Floyd, Chavela Vargas, María Calas, Pavarotti e claro está a grande Amalia Rodrigues.

Os seus traballos sempre gozan de moi boa acollida,  a que cree que se debe ese interese polo fado en Galicia?
Porque os galegos sentimentalmente son como os portugueses, movennos as mesmas cousas e dende que empecei a cantar sempre foi o fado o estilo máis valorado polos galegos.

Dende Amália Rodrigues a hoxe o Fado evolucionou moito, converténdose incluso en Patrimonio da Humanidade, esa evolución fai que tamén se abra a un público máis diferente?
Si por suposto, hoxe en día e moi doado desfrutar do fado porque a través da Internet podemos estar en calquer lugar do mundo e desde calquer lugar do mundo podemos escoitar bon fado. O fado ten un publico moi fiel, ademais o fado non ten edad, porque eu nos meus concertos encontrome con nenos cos seus pais ata señores de  noventa e tantos. Era lóxico que un estilo tan querido e escoitado no mundo, fose declarado Patrimonio da Humanidade.

Que significa o Fado na súa vida?
Significa todo, é a miña profesión, é o meu medio de expresar o que sinto, é o meu día a día. O fado dame alegría cando a necesito e tamén me da una enorme melancolía, pero teño moi claro que no podería vivir sin el. Sei que teño condicións vocais para cantar outros estilos, pero é nese Fado Miñoto onde eu o dou todo.

Te puede interesar