Aforrará 800.000 euros entre gastos de persoal e subvencións e incrementará as taxas do paco Paz

O PP saca adiante un plan de axuste para que a Deputación de Ourense poida pagar a débeda aos provedores

O PP aprobou en pleno, coa abstención do PSOE e BNG, un plan de axuste que permitirá á Deputación Provincial de Ourense pagar débedas e á súa vez reducir gastos de persoal e subvencións. Só este ano 2012, a institución provincial estima aforrar cuns 800.000 euros ao reducir 400.000 en subvencións e máis de 200.000 en persoal.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, sinalou que o plan é unha 'consecuencia directa' do 'Real Decreto Lei do 24 de febreiro' e 'as administracións ten como límite ata finais de mes para presentalo'.

Manuel Baltar manifestou que se trata dun plan elaborado 'con criterios técnicos' e 'baixo unha dirección técnica' e agradeceu a 'implicación e entrega dos funcionarios' que fixeron que este plan de axuste 'sirva' para 'indicar por onde vai ir o futuro da Deputación nos próximos anos'.

Neste sentido, explicou que contén un serie de 'medidas iniciais' que serán 'contempladas nos próximos meses' que perseguen a 'eficiencia no funcionamento desta institución' e 'a prestación dunha mellor servizo público aos cidadáns'.

Así mesmo, Manuel Baltar asegurou que é 'o momento de axustar' e 'redimensionar determinadas cuestións' e 'a Deputación e este grupo de goberno non vai renunciar a iso'.

Tras a aprobación do plan de axuste, o documento será remitido ao Goberno para obter un crédito a dez anos que permita á Deputación Provincial de Ourense afrontar a súa débeda que mantén cos provedores, que se achega aos catro millóns de euros.

O presidente da institución sinalou que 'tódalas administracións' teñen 'ese prazo concedido'. 'O que facemos é aprobar o noso plan', engadiu, para que 'cumpra todos os requisitos' e 'que os gastos teñan unha mellor definición e que a viabilidade da institución e dos servizos que presta sexa óptima'.

MEDIDAS

O plan de axuste contempla, entre outras medidas, o incremento das taxas das instalacións deportivas do Pazo Paco Paz entre un 10 e un 20 por cento. Neste sentido, Manuel Baltar afirmou que 'hai que actuar na vía do gasto redicindo e hai que actuar na vía dos ingresos' e 'unha parte deles son taxas e servizos que se prestan'.

No caso do Paco Paz, recoñeceu que 'non se pode permitir que existan uns desfases importantes' na 'xestión dalgúns servizos' e 'os prezos marcados na actualidade' nas súas instalacións 'son unha vía de ingreso para a Deputación' que 'necesita deses ingresos para xestionar mellor as cantidades que destina aos gastos' que 'á fin e ó cabo perseguen prestar un mellor servizo público'.

Baltar sinalou que o plan de axuste non só debe aplicarse durante un ano, senón que 'debe ser permanente' e aínda que 'os servizos da Deputación' teñen 'unha percepción boa por parte da cidadanía temos que mellorar e incidir máis na coordinación intermunicipal'.

Neste sentido, apuntou que o 'obxectivo fundamental' no 'futuro' será 'optimizar os recursos' de cara 'prestar servizo' aos '92 concellos da provincia' que 'precisan axuda' e 'hai un administración que debe axudalos e poñer en marcha novos proxectos'.

Te puede interesar