ENTREVISTA

Tamila Alem, poesía intimista

OURENSE. 21.12.2015 ALAMEDA DE OURENSE, TAMILA ALEM, POETISA. PORTADA PARA SUPLEMENTO VIDA. FOTO: MIGUEL ANGEL
photo_camera Tamila Alem.

Tamila Alem deu comenzo á súa vea de escritora escribindo relatos breves do que sentía en situacións tanto sociais coma persoais no bacharelato

Tamila Alem escribe nunha prosa moi poética que, pouco a pouco, deu na poesía que agora escribe. A idade e a autoestima fixo que non ensinase públicamente o que escribía ata o seu primeiro ano de carreira e, neste ano 2015, cando decidiu facer o blogue "darlingbolboretas.blogspot.com.es" e publicar coa axuda de Wladimir Vaz (maquetador) o poemario autoetidado con título "Darling Bolboreta" e dentro da firma "Uma petit cascuda independiente". Tamén neste pasado verán naceu a iniciativa de recitais poéticos "Bildung" xestionada por un grupo de mozos e mozas ourensáns que manifestan o que sinten nos seus textos. Tamén participa co colectivo "Esbardalle" de recitais poéticos por toda Galiza, e en timbas poéticas varias sempre que pode.

Cando sentíu o pulo de comenzar a escribir?

Comecei a escribir aos 17 anos pola necesidade de extrapolar e ordenar todo o que sentía por causa da miña estabilidade familiar que repercutía constantemente no meu xeito de xestionar os meus sentimentos no ámbito persoal.

OURENSE. 21.12.2015 ALAMEDA DE OURENSE, TAMILA ALEM, POETISA. PORTADA PARA SUPLEMENTO VIDA. FOTO: MIGUEL ANGEL“Darling Bolboreta" é o seu primeiro traballo, que atopa nel o lector?

Xa no primeiro poema, toparase cunha poesía chea de rabia, chea de dor e de transparencia, chea de sentimentos e emocións, ás veces contradictorias, de feminismo e de amor, moito amor, amor pola vida. É unha poesía social e intimista, chea de naturalidade.

Como está sendo a acollida?

En Ourense, o día 27 de novembro, fixen a primeira presentación en Ourense, no Auditorio Municipal, e a acollida foi espléndida e moi satisfactoria. Tamén supoño que cando un xoga na casa é máis sinxelo. A segunda e última presentación que levo feita foi o pasado 10 de decembro na libraría Couceiro en Santiago de Compostela, e inda que non foi tan satisfactoria como a de Ourense, foi ben. O problema co que me topo agora é a dificultade de xestinar a compatibilidade entre a miña vida laboral e a miña vida artística, porque o descanso é moi preciso cando se traballa na hostelería.

Que dificultade atopa á hora de escribir neste xénero?

Dentro do xénero da escrita, a poesía, non é a rama que máis peso ten, eso é unha evidencia. Máis polo momento tampouco me topei cunha excesiva dificultade dentro do mundo poético galego. Tamén estou comezando, mais si que é certo que sempre miran mellor a un novelista que a unha poeta, mais con iso, xa contaba.

E o lector, como se amosa ante a poesía?

O público móstrase empático e xeneroso habitualmente. Ate agora a maioría das críticas foron bastante positivas cara o traballo e moi constructivas. Este poemario é o meu orgullo. Decirlle a este público, grazas e conseguino, pese a toda esa xente que nalgún momento no que dis "quero publicar un libro de poesía" che din que non vas a ser capaz, que a poesía non é seria ou calquera cousa polo estilo.

Que amosa a través da súa poesía?

Atópase un sinfín de rabia e crítica contra a sociedade patriarcal oculta sentimentos intrínsecos e consumista na que, por desgraza, vivimos. É un conxunto de poemas feministas, de drogas, desamores, amores, dramas familiares e desa alegría e esperanza polos soños que nos manteñen vivos. É un xeito de canalizar e organizar os meus sentimentos e a miña frustración con determinadas etapas da miña vida, ten un fin terapéutico, máis como fin supremo está esa necesidade de todo artista de que a súa arte cambie un pouquiño este mundo cheo de dureza.

En que se inspira á hora de escribir?

Inspírome na vida, nos nenos, o meu irmán pequeno inspírame moito, na troula. Máis o meu incentivo é o motor do mundo, a maneira de actuar das persoas, é a xente e as súas circunstancias o que me inspira.

Cales son os seus próximos proxectos?

De momento tentar poñer moita enerxía neste proxecto e após, publicar máis poemarios. O que sí, tamén teño intención de realizar unha novela autobiográfica nalgún momento da miña vida, mais inda non hai unha idea organizada, pero sempre coa idea de: se se pode escribir, pódese facer!

Te puede interesar