Alega a preservación da aguia real para paralizar unha reforestación e unha ruta senderista

A Xunta veta plans forestais e turísticos en Parada de Sil

Francisco Magide, Aquilino Domínguez e Antón Vázquez.
Dous proxectos de desenvolvemento no Concello de Parada de Sil veronse freados pola Xunta, que alega a preservación da aguia real e outras especies para non apoaiarlos. Os responsabeis de ambolosdous proxectos mostraron onte, en rolda de prensa, o seu desconcerto ante a decisión.
Aquilino Domínguez, presidente da Comunidade de montes veciñais en man común Gándaras, da parroquia de Santa Cristina de Caxide, explicou que tiñan unha subvención da Consellería de Medio Rural para a reforestación de 33 hectáreas de monte comunal hoxe totalmente abandoado e improductivo. O uso tradicional do mesmo, que foi o pastoreo, 'hoxe non se practica debido a inexistencia de gando, polo que o abandono do monte pode levar consigo a posibilidade de incendios', destacou Domínguez, mentras que a reforestación conleva un área de defensa contra incendios de 1,9 hectáreas e pistas forestais de 1.400 metros.

A subvención, que ronda os 60.000 euros, 'non se fará efectiva porque o servicio de Conservación da Naturaza prantexa un informe desfavorable porque para a Xunta de Galicia é prioritario conservar a aguia real, a tartaraña cincenta e a gatafornela -razón que confirmaba o gabinete de prensa de Medio Ambiente-, alegando que de plantarse o monte alteraríase o hábitat destes paxaros', explicou Domínguez.

Por outra banda, o presidente do clube de montaña Ribeira Sacra, Antón Vázquez, espuxo o proxecto, en colaboración co Concello, dunha Vía Ferrata que dende perto do Mosteiro de Santa Cristina chegaría ata o monte de Gándaras.

Este proxecto tiña unha subvención de 33.036,10 euros, pero debido a existencia dun niño de aguia real, o servizo de Conservación da Natureza tamén fai un informe desfavorable, polo que o proxecto non se pode executar.

Antón Vázquez manifesta que noutras comunidades autónomas 'é habitual a coexistencia entre as vías ferratas e as aves rapaces con medidas correctoras como as que se plantexaron neste caso'. Estas consisten en desmontar anualmente o primerio tramo da vía ferrata o que inutilizaría totalmente a infraestructura no período que indicase o Servicio de Conservación, con respecto a hipotética nidificación da aguia real.

O alcalde de Parada, Francisco Magide, manifestou a sua 'indignación diante desta situación', salientando algúns paradoxos, como que 'para o servicio de Conservación da Natureza poidan espantar a hipotética nidificación da aguia uns sendeiristas e non a caza do xabarín que se practica na zona ou o paso, a menos de 200 metros do remate da mesma vía ferrata, do rally de Ourense'. O alcalde, manifesta o seu disgusto ó entender que 'a Xunta de Galicia prioriza o interese dos paxaros sobre os das persoas', cando se poden compatibilizar perfectamente os dous 'coas medidaas correctoras contempladas'.

Te puede interesar