Vilar de Santos xestiona este ano un orzamento de máis de 780.000 euros

photo_camera El alcalde de Vilar de Santos, Xan Jardón

Dedicará a terceira parte a investimentos, un 4% máis que en 2013

A Corporación municipal de Vilar de Santos aprobou un orzamento de 780.000 euros para o ano 2015, dos que máis da terceira parte, 265.000 euros, destinaranse a investimentos, cifra que, segundo sinala o alcalde, Xan Jardón, supón un 4% máis co destinado a este capítulo en 2014 e que servirán para "reforzar a financiar máis inversión produtiva e proxectos". O gasto de persoal supón o 39% do orzamento que, segundo o alcalde, disminúe pese a apertura de novos servizos, como a Escola Infantil, mentres que os gastos correntes acaparan o 24%, reducíndose tamén con respecto a 2014.

Xan Jardón asegura que as tasas e impostos municipais permanecerán conxelados en 2015 "para adaptarse á situación económica xeral", sinala e engade que "os posibles aumentos nos custes dos servizos non serán repercutidos nos veciños e serán asumidos polo Concello, sen reducir a eficiencia e calidade dos servizos municipais". Afirma Xan Jardón que o Concello de Vilar de Santos "cumpre cos principios de eficiencia, estabilidade orzamentaria e sostibilidade financieira", non ten débeda pública, nin plan de axuste e ningunha débeda con proveedores.

Segundo resalta o alcalde de Vilar de Santos, estes son "uns orzamentos realistas e equilibrados", que impulsarán proxectos e iniciativas en varias áreas de actuación. Unha será a dinamización da actividade económica e o emprego, para o que o Concello prepara a venda dun novo lote de parcelas de solo industrial dispoñible que financiarán novas inversións.

Outra área de actuación, segundo Xan Jardón, será "a aposta polos servizos sociais municipais, públicos e de calidade", para o que se vai ampliar o Servizo de Axuda no Fogar, abordaranse melloras no Centro de Atención de Persoas Maiores e ampliaranse os servizos da Escola Infantil e tamén mellorará os servizos destinados á mocidade.

A terceira área de actuación dos orzamentos será a mellora das infraestructuras e equipamentos públicos, continuando coas actuacións da Área de Rehabilitación Integral, a mellora da rede de pistas e camiños e dos servizos de saneamento e abastecemento.

Te puede interesar