'Doentes' reivindica o posto da obra de Vidal Bolaño dentro da literatura universal

Anxo Lorenzo e Angel Currás, na presentación de onte en Santiago.
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, defendeu onte que Roberto Vidal Bolaño, homenaxeado no Día das Letras Galegas, é un ilustre galego cun 'enorme' potencial como director, creador e intérprete e ten que estar no 'lugar que lle corresponde' dentro da literatura galega e universal. Lorenzo comentou na conferencia de prensa de presentación da publicación 'Doentes' (Edicións Positivas) que 'iniciativas como esta' contribúen a que o citado reto se consiga, máxime cun escritor que gañou por 'motivos propios', por todo o que fixo ao longo da súa traxectoria, ese espazo no contexto mundial.
O alcalde de Santiago, Ángel Currás (PP), dixo pola súa parte que Vidal Bolaño era un 'dramaturgo de primeiro nivel' e 'Doentes' un dos seus traballos 'máis importante', unha homenaxe ás míticas 'Luces de Bohemia' de Valle-Inclán, en que conta 'vivencias en Compostela e como era esta cidade naquela época, mesmo mostrando lugares e personaxes que xa non existen'.


AUTOR PIONEIRO

Por outra banda. o conselleiro de Cultura, o ourensán Xesús Vázquez falou onte de Vidal Bolaño, destacando a vixencia do teatro social de que foi 'pioneiro' o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado neste ano no Día das Letras Galegas.

'A mensaxe de Vidal Bolaño continúa presente e máis viva que nunca. El foi un pioneiro e continúa marcando o que continúa sendo ese teatro social, ese teatro que denuncia inxustizas e que tamén denunciaba situacións que había en Galicia nunha época', afirmou.

Te puede interesar
Más en Sociedad