Novo plan de fomento do uso e extensión do galego

A Rede de Dinamización Lingüística está a preparar o deseño do programa de actividades que poñerá en marcha o próximo ano para promover a extensión do galego desde o ámbito local. Con este fin, reuniuse onte a representación técnica da entidade, nun encontro na Escola Galega de Administración Pública (Egap) e que foi inaugurado polo secretario xeral de Política Lingüística e presidente da Rede, Anxo Lorenzo.
A Rede está integrada por 44 concellos e dúas deputacións (o que representa o 65% dos servizos lingüísticos locais), así como o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega. Ademais, a Secretaría Xeral de Política Lingüística tamén participa na Área Técnica da Rede a través do seu gabinete técnico.

O secretario xeral presentou a Rede como un 'proxecto ilusionante e prioritario para o Goberno galego porque só desde a coordinación e a colaboración entre as administracións poderemos planificar o fomento social do idioma en todo o territorio'.

Te puede interesar
Más en Sociedad