EL TIEMPO

Luns con chuvias xeneralizadas

A partir do mediodía, haberá alternancia de nubes e claros, con precipitacións na metade norte e que serán moi illadas e ocasionais no sur.

Durante a mañá do luns unha fronte cruzará Galicia de norte a sur, polo que na primeira metade do día os ceos estarán anubrados con chuvias xeneralizadas, máis intensas no norte e este da Comunidade, onde poderán estar acompañadas de sarabia e tormentas.

A partir do mediodía, haberá alternancia de nubes e claros, con precipitacións na metade norte e que serán moi illadas e ocasionais no sur. A cota de nove situarase nos 800 metros nas primeiras horas e irá ascendendo co avance da mañá aos 1.000.

Segundo a información de MeteoGalicia, departamento que depende da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, as temperaturas non experimentarán cambios significativos.

Pola súa banda, o vento soprará de compoñente norte, forte no litoral e moderado no interior, con refachos fortes nas zonas altas.

Te puede interesar