UNIVERSITAS

Oito alternativas formativas para o tempo estival

extensiongal_result
photo_camera Cartaz dos Cursos de Extensión para este verán.

Está aberta a matrícula dos cursos para o verán, entre os que destaca un de técnicas para abandonar o tabaquismo

Antes de que chegue o mes non lectivo de agosto, a Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais ofrece un programa de actividades para rematar o curso achegándose a campos que non forman parte da formación académica. Como todos os veráns, ábrese a convocatoria para os Cursos de Extensión que, desta volta abranguen a innovación docente, técnicas para abandonar o tabaquismo, urxencias cardiovasculares, acuicultura, enxeñaría biomédica, patrimonio do Bierzo, termalismo e primeiros auxilios.

Oito cursos que se desenvolverán dende comezos de xuño ata finais de xullo con prezos que varían entre os 30 euros ata os 120 dependendo do número de horas de duración.
O primeiro en arrancar, o 8 de xuño, será o curso de primeiros auxilios que ten como obxectivo que os participantes acaden as habilidades necesarias para dar unha resposta rápida fronte a situacións que requiran de primeiros auxilios e ademais iniciaranse nas técnicas básicas de salvamento acuático.

A finais de xuño tamén bota a andar o curso de xestión de explotación acuícolas que tratará de achegar aos alumnos e alumnas ás debilidades e oportunidades do sector, coñecer o proceso de posta en marcha dunha actividade acuícola e definir estratexias de cultivo, márketing ou comercialización de peixes e moluscos bivalvos. Tamén estará o curso de recursos educativos abertos e innovación docente con axuda das TIC.

Te puede interesar
Más en Universitas