Empresas contaminantes sen plan de comunicación de crise

Segundo un estudo, menos da metade destas compañías dispón de departamentos de prensa e relacións públicas

Dúas de cada tres das empresas máis contaminantes de Galicia carecen dun plan de comunicación co que facer fronte a una hipotética crise ambiental. Esta é a principal conclusión do estudo realizado por alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, baixo a coordinación dos profesores Ana Belén Fernández Souto e Iván Puentes, e baseado nos datos proporcionados polas 120 empresas da autonomía que figuran no Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes. Do total das compañías enquisadas, só o 49,2% conta cun gabinete de comunicación, mentres que a porcentaxe daquelas que dispón dunha estratexia para levar a cabo un axeitado labor comunicativo tras un problema ambiental descende ao 35,8%.

Segundo explica Iván Puentes, “As empresas que superan uns baremos de emisións de substancias contaminantes”, tanto á atmosfera, ao solo ou á auga, como a unha depuradora ou a unha rede de sumidoiros, “están obrigadas a figurar” no rexistro do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, que foi empregado como base para o traballo. Isto motivou, como apunta Souto, que a “practica totalidade” do alumnado do terceiro curso do grao participase nun proxecto no que se encargaron de “preguntar sobre os plans dos que dispoñen para facer fronte a unha situación de crise medioambiental aos responsables de comunicación”, de empresas de múltiples sectores “a outras que un non soe asociar á contaminación, como granxas de polos ou porcos”.

Te puede interesar
Más en Universitas