UNIVERSITAS

Como se estivese sorteando as ondas do mar, pero en terra

pag5a_result
photo_camera Carballo traballa no deseño dun ergómetro que empregar como ferramenta de investigación e rendemento.

O estudante Javier Carballo deseñou un prototipo de ergómetro que simula o adestramento nunha piragua

Campión de Europa de salvamento deportivo nas modalidades de sprint e bandeiras, o estudante da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Javier Carballo atopou nas súas propias dificultades para adestrar no mar, nos días de mal tempo, noutra das modalidades desta disciplina deportiva, a carreira con ski, o punto de partida do traballo que o levou a deseñar un prototipo de ergómetro co que reproducir en terra as condicións do adestramento que realiza a bordo dunha piragua.

“A idea era ter un aparato que me permitise simular as sensacións que tes remando no mar”, sinala este alumno do prototipo que construíu para o seu traballo de fin de grao e ao que posteriormente foi engadindo novos sensores e elementos coa idea de que proporcione ao deportista máis información da que pode obter nos simuladores de remo habituais, ao tempo que continúa traballando no seu desenvolvemento coa idea de “validalo como unha ferramenta científica e de rendemento”. 


Fronte aos ergómetros que habitualmente empregan os clubs de deportes náuticos, o prototipo no que traballa Carballo destaca polo baixo custe dos seus materiais, así como pola incorporación dunha serie de mecanismos e sensores que fan posible “que aínda que ao mellor a sensación non sexa exactamente a mesma que tes no mar, si que a musculatura coa que estás traballando é moi parecida á que utilizas na auga”.

Te puede interesar
Más en Universitas