UNIVERSITAS

Telefónica e Universidade potencian actividades de innovación enerxética

cuatroa_result
photo_camera Salustiano Mato e Manuel Ángel Alonso na sede da Reitoría.

Intensificarase a realización de cursos, conferencias e a colaboración coa plataforma Galicia Open Future

Máis cursos, conferencias, actividades e proxectos conxuntos de I+D+i. A Cátedra Telefónica para a innovación enerxética da Universidade de Vigo encara o seu terceiro ano de actividade con folgos renovados e moitos proxectos tras a sinatura na Reitoría de dous novos convenios de colaboración nos que ambas institucións renovan o seu compromiso de traballo común á hora de axudar a desenvolver, difundir e aplicar as novas tecnoloxías nos fogares galegos.

O director de Telefónica en Galicia, Manuel Ángel Alonso, e o reitor da Universidade, Salustiano Mato, asinaron a renovación destes acordos polos que ambas institucións renovan o seu compromiso para potenciar conxuntamente actividades e iniciativas de interese común nos temas relacionados coa ensinanza universitaria, a investigación e a innovación para a mellora da sociedade.

“Asinamos un convenio marco de colaboración e outro específico que nos permite continuar co labor da Cátedra Telefónica no mundo da eficiencia enerxética”, explicou tras a sinatura o reitor vigués, que fixo fincapé en que esta “estreita relación con Telefónica” se inscribe dentro do compromiso “claro e directo” da institución académica viguesa co mundo empresarial. Neste sentido, Manuel Alonso, agradeceu a destacada actividade da universidade viguesa no desenvolvemento de proxectos de I+D+i de todo tipo.

Te puede interesar
Más en Universitas