O plan da Xunta inclúe tamén actuacións nos centros sanitarios do rural

O Barco mellorará a súa rede de augas e camiños

Antonio Crespo Iglesias -cuarto por la izquierda- preside la reunión de ayer en Trives. (Foto: )
O director xeral de Desenvolvemento rural, Antonio Crespo Iglesias, presidiu onte o Consello de zona de Valdeorras, que tivo lugar no centro Comarcal do Barco (Ourense), para tratar as propostas presentadas durante o trámite de participación pública para os plans provisionais de zona.
Avaliouse a versión preliminar do Plan, que ten un investimento de aproximadamente 5,2 millóns de euros, que se destinarían en maior medida a redes de abastecemento e mellora de camiños, con máis de un millón de euros, e á mellora de centros de atención sanitaria do rural, así como a dotacións para a terceira idade, cun investimento de case 2 millóns de euros. A maior parte deste investimento estará cofinanciado a partes iguais entre a Xunta e o Marm e repártese entre as distintas zonas a desenvolver, atendendo a uns criterios preestablecidos.

Tamén se estudiou o cronograma xeral de posta en marcha dos plans de zona ata culminar coa sinatura que avale o seu financiamento a subscribir entre o Marm e a Xunta, que está previsto para o vindeiro mes de setembro.

Antonio Crespo presidiu tamén o consello da zona das Depresións Ourensáns, cuio plan de zona suporá un investimento de máis de 29 millóns de euros. A maior parte deste investimento estará cofinanciado a partes iguais entre a Xunta e Administración Xeral do Estado, e distribuirase entre distintas actuacións relacionadas coa dinamización turística, á que se dedicará preto dun millón de euros; actuacións en materia forestal e prevención de incendios e mellora das redes viarias, con máis de 11 millóns de euros previstos, e mellora das dotacións para a terceira idade e dos centros sanitarios do rural, con case seis millóns.

Te puede interesar