O BNG pide un pavillón para o CEIP Gurriarán

 

 

O BNG de O Barco de Valdeorras difundiu onte un comunicado no que demanda a construcción de un pavillón polideportivo para o CEIP Julio Gurriarán daquela vila. Segundo a agrupación nacionalista, os alumnos daquel centro docente "teñen que utilizar o salón de actos do centro para as clases de Educación Física, espazo que é compartido con outras actividades e que, por outro lado, non reúne as condición apropiadas para un ensino de calidade".

Engade o BNG que ao es- tar oucupado o salón de actos con clases se Educación Física, outras actividades que se organizan no centro teñen que desenvolverse ao aire libre, algo que no inverno case nunca é posible, segundo sinalan.

Por todo esto, o BNG valdeorrés reclama á Consellería de Educación e Cultura da Xunta de Galicia a construcción cun pavillón deportivo para o CEIP Julio Gurriarán e engade no seu comunicado que "a política de recortes non pode ir en contra dun ensino de calidade", para concluir afirmando que "é de xustiza que o alumnado deste centro do Barco de Valdeorras non se sinta marxinado".

Te puede interesar