POLÍTICA LOCAL

"Estamos no camiño de facer que o concello sexa un instrumento útil para os veciños"

dsc01815_result
photo_camera Luis Fernández Gudiña, no despacho da Alcaldía de A Rúa.

O socialista Luis Fernández Gudiña tomará o sábado posesión da Alcaldía de A Rúa, que agora ocupa en funcións, trala renuncia da nacionalista María González Albert

O relevo na presidencia da Corporación é consecuencia do pacto de goberno firmado por PSdeG-PSOE e BNG para arrebatarlle a alcaldía ao PP. 

Vostede xa gobernou A Rúa (2009-2011) co grupo de José Vicente Solarat López. Difire moito traballar con el de facelo con María González?

Son circunstancias distintas e persoas distintas. Cada un ten a súa impronta persoal. Nos levamos e traballamos ben cos dous. O segredo está en determinar que a persoa que está na alcaldía é a que ten a responsabilidade de gobernar. Os que formamos parte do grupo de goberno temos a misión de colabarar, aportar as nosas diferencias e procurar sempre puntos de encontro para sacar adiante proxec tos. Non penso que un equipo de goberno poda ter dúas cabezas. So ten unha, a visible, que é a que ten que coordinar todos os demáis elementos.

Que obxectivos se marca para os vindeiros dous anos?

É un proxecto que empezou hai dous anos e rematará dentro de outros dous. Neste mandato, algúns proxectos xa se levaron a cabo, outros están a punto de executarse e outros, pendientes. Un dos  que máis me preocupan son o centro de saúde. Levamos moitos anos pelexando por telo. Fumos cquen de conseguir un ascensor para o actual, mais é innegable que non reúne as condicións que o pobo de a Rúa necesita. O outro obxectivo é o enlace da N-120. Nas consultas sempre se nos dixo que había que esperar aos presupostos. Hai partidas, pero nunca se chegaron a executar e o proxecto constructivo está feito desde hai dous anos. Cando eu gobernaba deixamos o proxecto inicial aquí. Espero que, tan pronto se aproben os Presupostos do Estado, non haxa discuplas e poidamos entablar conversacións para sacalo adiante.

Pode levarse o Centro de Saúde para o Centro de Día?

É unha das opcións que se contemplan. Hai unha parcela que foi destinada ao Centro de Saúde e cando gobernaba o PP iniciou a modificación urbanística. Agora está en litixio, pois a modificación foi recurrida polos propietarios. Unha alternativa é convertir o Centro de Día en Centro de Saúde. O conseelleiro de Sanidade se comprometeu a estudialo.

Ao BNG tocáronlle os dous primeiros anos do mandato, de sentar as bases dos proxectos que o PSOE pode rematar. Non é xogar con vantaxe?

Non o sinto así. Entendo que estamos nun proxecto de catro anos. A responsabilidade dos dous primeiros anos de dirixir o equipo de goberno foi de María González e a dos últimos vai ser miña. Iniciamos a lexislatura e sacamos adiante o Plan Xeral, que era un obxectivo pendente. Tamén nos costou bastante, máis dun ano, sacar adiante o ascensor do Centro de Saúde. Tivemos que afrontar a remodelación e sanear OAguillón e agora nos vai tocar rehabilitala. Son proxectos que están aí.

Nas rúas notarase o cambio da Alcaldía?

O único que cambia é que eu asumo a Alcaldía, e María González vai ser tenente de alcalde. Só cambia a forma persoal de gobernar. Somos compañeiros e cada un ten a súa forma de traballar. Seguimos apostando pola transparencia. O Concello sempre estivo aberto e queremos que siga así, se fixo un esforzo por aproximalo ás redes sociais e se vai seguir coa administración electrónica. Se está no camiño de facer o Concello un instrumento útil para os veciños.

Te puede interesar