POLITICA

María González Albert, candidata nacionalista á alcaldía de A Rúa

Albert foi a primeira muller en ostentar o cargo de alcaldesa de A Rúa, posto que ocupou entre os anos 2015 e 2017

María González Albert.
María González Albert.
María González Albert, candidata nacionalista á alcaldía de A Rúa

A exalcaldesa de A Rúa, María González Albert, foi ratificada polo Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego como candidata da formación aos comicios municipais do vindeiro 26 de maio. O organismo aprobou, deste xeito, a proposta da Asemblea Local do BNG da Rúa para que González Albert sexa cabeza de lista na vindeira cita electoral. 

Albert foi, segundo recordan dende a formación nacionalista, a primeira muller en ostentar o cargo de alcaldesa de A Rúa, posto que ocupou entre os anos 2015 e 2017. 

Deste xeito, o BNG "aspira a mellorar e revalidar os seus resultados na vila valdeorresa nesta convocatoria electoral de 2019". 

María González Albert naceu na Rúa en 1977. É licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e nos últimos anos veu desenvolvendo a súa labor profesional na Rúa, no campo da repostería creativa.n