ENTREVISTA

Miguel Bautista: “É a miña última lexislatura; o meu ciclo político en Petín acabouse"

<p></p>
photo_camera Miguel Bautista Carballo, alcalde de Petín. (JC)

O alcalde socialista de Petín valora negativamente as listas do PSOE para o Congreso e o Senado e pide que Valdeorras teña unhas mellores infraestructuras viais 

O alcalde socialista de Petín, Miguel Bautista Carballo, asume o seu último mandato. Asegura que o ciclo político que iniciou no ano 1999 chega ao seu final e o fai do xeito máis placentero que cabe imaxinar: dirixindo un equipo de goberno de seis concelleiros socialistas e un só edil popular na oposición.

A nova Corporación comezou o mandato sin oposición. O edil do PP, Manuel de la Fuente Díez, tardou máis de dous meses en tomar posesión como concelleiro. Que valoración dos primeiros meses?

Foron un tanto atípicos. Agora, regularizouse a situación. O normal e que,se o pobo dixo o que dixo nas urnas, Manuel de la Fuente toma- se unha decisión. Non sei se se sentiu molesto. Eu goberno en Petín e son oposición na Deputación. A uns tócalle gobernar e a outros facer oposición.

Cando comezou na política activa?

Levo militando no partido desde a década dos 90 e como alcalde desde o 1999: desde o século pasado. É a última lexislatura. Meu ciclo político en Petín acabouse. Creo que se necesita sangue nova. Non é por idade. Entendo que hai xente maior que eu e pode vir con máis gañas, con novas ideas. Eso si, esgotarei a lexislatura. Eu criticaba a quenes botaban moitos anos e vexo que vou na mesma liña. Ao rematar serán 20 anos. Entendo que é tempo máis que suficiente para un proxecto.

Cal foi a súa maior satisfacción neste tempo?

Haber sido alcalde de Petín. Mais, a partir do minuto un de ser alcalde chegan as preocupacións. Se queres responder á xente. Creo que é unha vocación de servicio. Quita moita vida familiar.

Estima que o rural ten futuro?

Van morrer todos os pobos. Creo que o rural ten unha enfermidade terminal que ninguén remediará, se non lle aplican un plan de choque. Entendín que coa crise viría xente. Nun pobo malvívese con 420 euros mais nunha cidade penso que non se pode. Pensei que coa crise poderían volver, pero ninguén o fixo. Fillos e netos de xente do pobo que tiñan casa non volveron.

Tendo A Rúa nada máis cruzar o eío Sil semella difícil que Petín crezca. Que pensa da posible fusión?

Son partidario das fusións e o digo claramente. Temos unha Administración do século XVIII. Igual que falamos de reformar a Constitución temos que actualizar o Estado, mais comezando dende arriba. Fan falta Murcia, Cantabria, A Rioja? Esas comunidades fan falta? Fai falta o Senado? Un exemplo: San Fiz é un pobo de A Veiga que no seu tempo tiña conexión con A Veiga e non tiña con Petín. Fan unha presa e cortanlle o camiño A Veiga, construindo unha estrada desde Petín. O límite cambiou pero a Administración non. Que pasou? O pobo morreu. Morrería igual, mais os de San Fiz cénsanse en Petín ou A Rúa. A fusión ten que ser de arriba para abaixo. O caso de Petín e A Rúa é moi típico de fusión. Mais que pasa? Arranxamos o país.

A comarca de Valdeorras está discriminada?

É unha teima que teño. Estamos moi lonxe de Ourense. Nas estradas da Deputación, ten a obriga de limpalas e desbrozalas e aquí é son os concellos os que teñen que limpar e desbrozar a maioría das cunetas. O outro día, nunha entrevista co presidente, Manuel Baltar, díxenlle que tiña que haber unha discriminación positiva con esta zona. O que non pode ser e que ti gastes en mantenimiento un diñeiro aquí e alí non porque a Deputación mantén as estradas.

Cre que parte da culpa é dos valdeorreses?

A culpa non é so do que da, tamén é de quen non pide. Creo que nos queda moi lonxe Ourense. Cantos funcionarios ou políticos de aquí hai en Ourense? Ribadavia ou Carballiño teñen a todos alí. Sempre tiramos máis para a quinta provincia: para Ponferrada. Onde están os talleres que traballan para as canteiras: no Bierzo. Cando chegan os da fruta non veñen de Ourense senón de León. page1image56112 page1image56272 page1image56432 page1image56592 page1image56752

Fálenos das súas experiencias como alcalde. Cales foron a mellor e a peor?

A morte do holandés de Santoalla. Foi un tema difícil que, en determinado momento, me complicou a min. Houbo un tempo no que o pasei mal. Foi o peor momento. O mellor foi a primeia lexislatura. Cando había catro grupos e fun alcalde por 10 votos. Continuamente se falaba de moción de censura. Políticamente foi da que máis se falou.

Que proxectos manexa para o seu último mandato?

A nosa ilusión é o polígono industrial. Temos o PXOM aprobado, o sitio preparado. Igual temos que darlle unha volta e pensar nun polígono agrícola. Ademais da pizarra, temos un sector puxante no viñedo. Hai dúas propostas que queremos desenrolar: poñer terreos a disposición de xente que quera traballar no campos e un polígono.

Que opina do nomeamento dos cabezas de lista do PSOE na provincia para as eleccións?

Sempre foi así. A primeira vez que houbo polémica, Xulio Álvarez era candidato da provincia e en Santiago o cambiaron. Outra vez, metéronnos un senador venezolano. A min pasoume. Alguén propuxo que eu fose de senador e cando chegou a Santiago déronse de conta que eu non podía ir porque antes, os senadores designábanse seguindo unha orde alfabética. Agora non. Non pasaba so non PSOE. Deben poñerse urnas para que todos os militantes voten. Primeiro, presentación de candidatos; despois, un mes de campaña e a continuación se vota en urna e se respeta. Mais sempre foi así. Son amigo de Laura Seara, me parece unha gran política e unha muller moi traballadora, mais a vida é así.

Te puede interesar