Inaugurada en Vilamartín unha exposición itinerante sobre Florencio Delgado

Permanecerá ata o 29 de maio no Centro Cultural Santa Lucía
A exposición itinerante “Compromiso na distancia” iniciou onte a súa andadura no Centro Cultural Santa Lucía, de Vilamartín de Valdeorras, onde permanecerá ata o 29 de maio. A mostra, con textos de Héctor Cajaraville, recolle a vida e a obra de Florencio Delgado Gurriarán, desde a infancia ata a madurez. Na inauguración estivo o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, (segundo pola esquerda) que salientou que a exposición consegue descentralizar a actividade das Letras.

Te puede interesar