entrevista

"En 'Ninfopoética' pódese atopar noite, mocidade, pracer, dor e incomprensión"

Fátima Delgado.
photo_camera A escritora Fátima Delgado.

Fátima Delgado presenta esta tarde na biblioteca municipal Florencio Delgado o seu poemario "Ninfopoética"

Fátima Núñez Delgado, de nome artístico Fátima Delgado, presentará este venres, ás 20,00 horas, na Biblioteca municipal Florencio Delgado Gurriarán, de O Barco, o seu poemario "Ninfopoética". Combina a súa faceta poética coas de dramaturga y actriz, nas compañías madrileñas Las Meninas y La Medús Teatro, das que é cofundadora.

De onde lle ven esa aposta pola creación?

Son parente lonxana de Florencio Delgado Gurriarán. Foi padriño do meu avó e primo do meu bisavó. Sempre tivemos un referente moi importante no tío Florencio. Empecei a escribir poesía con 14 anos e sempre foi o meu referente. Desde que comecei a escribir empreguei o galego, aínda que non fose a miña lingua nai, pois o aprendín dos meus avós.

Defenderá a petición do Día das Letras Galegas para o poeta de Córgomo?

Son programadora de poesía do SilFest, desde que empezou. O primeiro que fixemos foi "Poetry Slam", unha batalla de poesía, que tiña como logo a Florencio Delgado Gurriarán. Desde ese primeiro acto, reclamouso para el o Día das Letras Galegas. Son unha firme defensora e en cada recital que podo osigo pedindo.

Fálenos do seu libro.

Se chama "Ninfopoética" e o publica unha editorial brasileira que se chama Urutao. Fixo unha convocatoria aberta a poetas galegos, pois buscaban ampliar horizontes e promocionar alí a lingua galega. Presentei varios poemarios e, para a miña sorpresa, elexiron "Ninfopoética", que escribín en 2003, cando tiña 21 anos. Estudiei en Santiago, polo que foi un poemario que se escribiu entre O Barco, Santiago e Manchester, pois fixen o Erasmus na cidade inglesa, e volvín alí a vivir. Foi, de súpeto, revivir esa xuventude, esas primeiras experiencias que te dan os 21 anos.

Que pode atopar o lector?

Pode conectar coas súas primeiras emocións, como máis intensas, máis profundas. Pode atopar noite, mocidade, pracer, tamén dor e a incomprensión propia dos anos da adolescencia. No meu caso, é revivir o que sentín por primeira vez. Mestura inocencia con eroticidade e pulsión. Intensidade.

Te puede interesar