O PP pide manter os prezos do tren entre Valdeorras e Ourense

Éstación de ferrocarril de O Barco.
O deputado do PP, Moisés Blanco, presentou unha proposición non de lei no Parlamento galego a través da que solicita ao Ministerio de Fomento que manteña os prezos do tren-exprés en todalas viaxes desde as estacións de O Barco ou A Rúa, na comarca de Valdeorras, ata Ourense para facilitar o transporte dos veciños. Moisés Blanco recorda que a remodelación de horarios nos trens propiciou que os veciños da comarca quedaran sen a primeira conexión diaria coa capital, que lles permitía estar na cidade arredor das 9,00 horas por un prezo de 8 euros.
'A alternativa que temos é o tren-hotel procedente de Barcelona, con parada en O Barco e A Rúa ás 7,10 e 7,30 horas, respectivamente, pero cun custe moi superior aos 20 euros', explica o deputado. Esta situación está a xerar moitas queixas entre os usuarios polo incremento do prezo da viaxe. O deputado popular apunta que 'existe outra opción máis axeitada economicamente, pero hai que esperar ata as 10,00 horas para coller o Tren-Exprés a un prezo de 8,95 euros, pero co inconveniente de chegar pasadas as 12 da mañá'.

Te puede interesar