Suceso

Unha saída de vía deixa un ferido no Barco

O accidente tivo lugar este luns, na Avenida do Bierzo, no Barco de Valdeorras

Unha persona resultou ferida este luns nun accidente de tráfico. Ocorreu cara as 17:19 horas da tarde no Barco de Valdeorras. Segundo informan fontes da Axencia Galega de Emerxencias, o condutor perdeu o control do vehículo e produciuse unha saída de vía, ó final da Avenida do Bierzo.

Un particular que circulaba pola estrada foi quen deu a voz de alarma ó chamar por teléfono ós servizos de emerxencias. O suceso saldouse co condutor ferido leve, que xa foi trasladado ó complexo hospitalario correspondente. 

Segundo informan fontes policiais, o afectado atópase fóra de perigo.

A vía afectada, viña de comezar hoxe as obras de remodelación, que non tiñan previstos cortes no tráfico da zona.

Ó lugar dos feitos desprazáronse: o 061 de Emerxencias Sanitarias, os Bombeiros e o GES de Valderooas, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil. 

Te puede interesar