VALDEORRAS

A Veiga contará con axudas para previr incendios

Entre tratamentos silvícolas e o acondicionamento de pistas e cortalumes, "o departamento que dirixe José González investiu entre o ano 2017 e 2018 un total de 100.800 euros

O conselleiro do Medio Rural, José González, recibiu esta semana ao alcalde do concello da Veiga, Juan Anta, para analizar diversos temas relacionados co sector forestal neste municipio ourensán. Segundo informa a consellería, analizaron os tratamentos de prevención de incendios forestais realizados nestes dous últimos anos na Veiga. 

Entre tratamentos silvícolas e o acondicionamento de pistas e cortalumes, "o departamento que dirixe José González investiu entre o ano 2017 e 2018 un total de 100.800 euros en máis de 55 hectáreas de terreo". A Consellería do Medio Rural afirma "manter o seu compromiso na mellora das masas forestais existentes, con especial atención á consolidación dos bosques de frondosas caducifolias e sobreiras". Neste senso, destinou 7 millóns de euros para a convocatoria deste ano ás axudas para accións silvícolas de prevención.

Esta liña de axudas contempla a realización de tratamentos silvícolas preventivos de incendios forestais, tales como rareos en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa inferior a 15 cm e cunha densidade inicial de 2.000 pés por hectárea. Tamén

son subvencionables as rozas e podas en masas de coníferas, dirixidas á creación de descontinuidade tanto horizontal como vertical. 

Te puede interesar