VALDEORRAS

Viana desagravia a Carlos Casares, 47 anos despois

O pleno da Corporación Municipal repudiou a súa expulsión da vila durante o curso 1969/1970

Xavier Casares, durante a súa intervención no salón de plenos de Viana.
Xavier Casares, durante a súa intervención no salón de plenos de Viana.
Viana desagravia a Carlos Casares, 47 anos despois

A expulsión de Viana do escritor Carlos Casares foi rexeitada onte pola Corporación municipal. A repulsa chegou medio século despois da orde de abandoar o Concello, pois producíuse no curso 1969/70, e nas horas seguintes ao Día das Letras Galegas que lle dedicou a Real Academia Galega Galega. A proposta foi formulada polo alcaldede vianés, o nacionalista Secundino Fernández Fernández, e refrendada sin debate por Andrés Montesinos Rodríguez y Santiago Barja Barja, representantes de PP e PSdeG-PSOE, respectivamente.

 

 

As tres formacións políticas aprobaron por unanimidade unha proposta de "desagravio de Carlos Casares" que incluiu cuatro apartados: "Repudiar publicamente as accións que lamentablemente conduciron á expulsión desta vila de Carlos Casares. Restituir a súa memoria no tocante a estes feitos, que non expresaron nin expresan o sentir das veciñas e veciños de Viana do Bolo. Facer pública homenaxe e agradecer a súa contribución á educación da mocidade do noso Concello. Trasladar dito acordo á Fundación Carlos Casares, como principal valedora da promoción, estudo e difusión da súa obra e do seu legado".

A Alcaldía aludiu ao breve paso de Carlos Casares polo Colexio Libre Adoptado Santo Tomás de Aquino e a uns feitos que resumió o historiador Carlos Ares. Lembrou como os desencontros do autor de "Vento ferido" co Concello, entón gobernado por Neftalí Prieto Barrios, culminaron o 7 de marzo de 1970, coincidindo coa representación dunha obra teatral escrita por Manuel Ramos Castromil, na cal criticaba o caciquismo. Neses momentos "disparouse a estupidez humana", comentou o orador. Carlos Casares foi cesado como profesor e prohibíronlle exercer este oficio en Galicia, tendo que mudarse a un colexio do País Vasco. Tivo ocasión para volver, mais rechazouna. "Renunciei a Viana por ser consecuente", parafraseu ao escritor.

O historiador foi anunciado pola concelleira Graciela Diéguez Rodríguez, que, ao rematar a sesiónplenaria, presentou a Xavier Casares, irmán do escritor e presidente da Fundación que leva o nome deste. Na súa intervención, leeu un escrito coas lembranzas que Carlos Casares tiña de Viana.

O himno galego, cantado polo Orfeón Vianés, pechou o acto.