VALDEORRAS

Viana organiza un obradoiro de Tapas e de Cociña de Nadal

O obradoiro de Cociña do Nadal terá lugar os días 14 e 15, entre as 17,00 e as 20,00 horas

Viana organiza un obradoiro de Tapas e de Cociña de Nadal

O Concello de Viana do Bolo prepara a organización dun obradoiro de cociña que se centrará na época do Nadal e nas tapas. Esta actividade está dirixida a tódolos veciños e veciñas do Concello e desenvolverase os días 14, 15 e 16 de decembro.

O obradoiro de Cociña do Nadal terá lugar os días 14 e 15, entre as 17,00 e as 20,00 horas. Os participantes elaborarán dous menús completos, con primeiro plato, segundo plato e postre, con entrantes, salsas, guardinicións, asados, guisos, peixe, carne, doces, turróns e galletas, que lles permitirán recoller ideas de cara a estas datas de Nadal que se achegan.

O obradoiro de tapas terá lugar o sábado día 16 de decembro, cun horario comprendido entre as 11,00 e as 13,00 horas. As persoas que perticipen no mesmo poderán aprender a combinar diferentes ingredientes e produtos para elaborar tapas que finalmente eles mesmos poderán degustar.

Todas as persoas que estean interesadas en participar nestes obradoiros poden anotarse no Concello de Viana do Bolo. O  número de prazas está limitado a 25. O prezo por  participar no obradoiro de cociña é de 4 euros e polo de tapas, dous euros, mentras que os que participen nos dous pagarán cinco euros.