Letras Galegas 2022

Viño e poemas de Florencio Delgado Gurriarán en Vilamartín

Unha cata e un recital poético lembrarán ao poeta Florencio Delgado Gurriarán no concello onde naceu o escritor

A Ruta do Viño de Valdeorras e o proxecto As Letras de Florencio fundirán viño e poesía na cata “Cando o viño foi a súa musa”. O evento desenvolverase no Complexo Hosteleiro Paladium, en Vilamartín de Valdeorras, o vindeiro sábado, 9 de abril, ás 12,00 horas. Nel participará a sumiller Mercedes González, que comentará os caldos, mentres Diana Rodríguez Ramos recitará versos do poeta de Córgomo, Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987).

A organización acudiu a un poema do protagonista do Día das Letras Galegas ao anunciar o maridaxe. “Ás retortas cepeiras, barroco motivo da verde sinfonía do meu val: Ao viño de Valdeorras, que é o millor do mundo”, di o arranque do poemario “Bebedeira”, publicado no ano 1934 e no que adquire un papel importante o viño, ao igual que no resto da súa obra.

A cata será na terraza do establecemento, onde os asistentes podrán sumarse a un menú degustación inspirado no poeta vilamartinés e ollar as vistas do val que tanto inspiraron ao autor de “Cantarenas”. Os prezos son 10 euros a cata e 30 o menú. Os interesados deberán contactar coa Ruta do Viño de Valdeorras (teléfono 604 078 753).

Te puede interesar