SECTOR VITINÍCOLA

O viño de Valdeorras estará na "Wine Fair" de Londres

A Denominación de Orixe Valdeorras participará cun stand propio na 37 edición da "London Wine Fair", que se celebrará ata mañá mércoles na capital británica.

A Denominación de Orixe Valdeorras participará cun stand propio na 37 edición da "London Wine Fair", que se celebrará ata mañá mércoles na capital británica. Este evento é un dos foros máis relevantes do eido do viño en Europa e dez bodegas da comarca valdeorresa exhibirán os seus caldos máis significativos de brancos e tintos.

É a segunda vez consecutiva que a Denominación de Orixe acude a este certame e no mesmo estarán presentes o presidente do Consello Regulador, Francisco García Álvarez, xunto coa secretaria técnica Alda Pérez. Francisco García considera "prioritario desenvolver accións de promoción para os viños da comarca, xa que favorecen a súa visibilidade e proxección internacional", un dos principais retos que se marcou cando asumíu a presidencia do Consello Regulador.

No que vai de ano o Consello desenvolveu actos promocionais en Santiago e Madrid, os caldos da Denominación participaron na feira alemá de Prowein e o organismo acaba de decidir participar no próximo mes de novembro naFeira de Hong Kong.

Te puede interesar