Xinzo mellorará a accesibilidade aos edificios públicos

No que ten que ver coas construccións xa rematadas farase unha "adaptación progresiva".

Membros da asociación Algaria de persoas con mobilidade reducida da comarca da Limia, entre os que se atopaba a presidenta da entidade, Mercedes Fernández, mantiveron unha xuntanza co tenente de alcalde de Xinzo, Manuel Casas, o responsable de Medio Ambiente, Manuel Cabas, o edil de Cultura e Deportes, Luis Miguel Gil e técnicos do Concello, co obxectivo de abordar melloras no que atinxe ás infraestructuras municipais para facelas máis accesibles. 

Os representantes de Algaria, que valoraron a reunión como "positiva", solicitaron aos responsables municipais que "as obras novas que se están facendo, como é o caso das beirarrúas da avenida de Ourense, queden xa adaptadas do mellor xeito posible para as persoas de mobilidade reducida", tal e como sinalou Óscar Pena, de Algaria. No que ten que ver coas construccións xa rematadas farase unha "adaptación progresiva".

 O Concello tamén mellorará a sinalización dos edificios públicos de Xinzo, como é o caso do acceso ao Museo Galego do Entroido ou ao pavillón deportivo. 

Te puede interesar