As adiviñanzas do José do Tesiño

O desenrolo escrito do seu puño e letra.
Tres clientes entran nun bar e toman cadansúa consumición. Cando van marchar e piden a conta, o camareiro pásalle unha factura, que en total ascendía a 30 pesos. Como non están de acordo por parecerlles excesivo o precio, xa que a cada ún lle cobrara 10 pesos, comenzan a reclamar.
Enterado o patrón, colle e dalle ó camareiro 5 pesos para que os devolva, xa que non sabe que pagaran por separado. Vendo o panorama, o camareiro decide quedarse con 2 pesos, e devólvelle 1 peso a cada cliente, polo que a conta de cada ún quedou finalmen en 9 euros.

Facendo a operación matemática, restándolle ós 30 pesos totales os 3 pesos que recibiran de volta os clientes, quédanse en 27 pesos. Sumándolle a esta cifra os 2 pesos cos que se quedara o camareiro, da unha cifra total de 29 pesos.

-¿Dónde está o outro peso? Adiviñanzas como a que acabo de relatar, e a súa pregunta final, eran un dos pasatempos preferidos do José do Tesiño cando na igrexa de Sandiás estabamos á espera do cura para a celebración da misa dominical ou festivos, nas que eu axudaba e el era o sacristán.

José era un personaxe curioso, con luces e sombras coma temos todos, que á mediana idade, cando disfrutaba dunha posición desafogada, deixounos sen que os que o tratabamos con máis asiduamente o esperabamos, sendo chamado ‘á casa do Pai’.

O outro día, furgando no peto dunha cazadora de inverno, atopei por casualidade un papel que José me dera, relacionado con outra das súas adiviñanzas que por varias ocasións me comentara. Como era un pouco farragosa cos números, porque a el os números gostábanlle, pasouma por escrito, e relata como un cazador que entre coellos e perdices matou 37 pezas, que fan un total de 112 patas. E a pregunta final é: ¿Cántos coellos matou e cántas perdices? Sirva pois esta última adiviñanza como sinceiro homenaxe ó José.

Te puede interesar