'Convive coas linguas' clausura a súa cuarta edición

A Eurocidade Chaves-Verín clausurou a cuarta edición do programa 'Convive coas Linguas', unha iniciativa educativa na que participaron máis de 400 nenos de Verín e Chaves, con idades comprendidas entre os sete e 14 anos.
A mesma fomentou, a través da realización de actividades lúdicas e educativas, o aprendizaxe do castelán, galego e portugués entre os menores participantes.

Tenis, fútbol-sala, fútbol-7, pádel, baloncesto, visitas a parques botánicos, golf, cine, piscina, música ou xogos de praia foron algunhas das actividades realizadas polos nenos inscritos nesta edición de 'Convive coas linguas', entre o 4 de xullo e o 26 de agosto.

Te puede interesar