SAN VITORIO

Maside celebra as festas do seu patrón San Vitorio

As orquestras Tango e Combo Dominicano protagonizarán a sesión de verbena, cunha tirada de fogo voador para clausurar os festexos.

A capitalidade municipal de Maside celebra hoxe o día grande das festas na honra do seu patrón, San Vitorio, que se abriron onte coa "Noite folc e de troula", nos locales de hostelería e coa actuación das agrupacións "Do fondo do peto" e "Maianas". Deste xeito, a xornada dominical comezará coa alborada de bombas, fixándose para as 12,00 a misa solemne e a procesión do santo, co acompañamento da coral A Torre, seguida do concerto dunha banda.

Pola noite, a verbena correrá a cargo de Tania Blanco Show e da orquestra Garibaldi, rematando o día cunha sesión pirotécnica. Xa o luns, o Orfeón do Carballiño será o encargado de cantar a misa do mediodía, que irá seguida dun concerto de banda na Praza Maior.

A media tarde, procederase á apertura, na Alameda da vila, da cuarta edición da Mostra-Feira de Artesanía Infantil, onde se poderán admirar e adquirir os traballos feitos polos rapaces. As orquestras Tango e Combo Dominicano protagonizarán a sesión de verbena, cunha tirada de fogo voador para clausurar os festexos.

Te puede interesar